Microvidas – Galego

Portada libro Microvidas

Xénero: Teatro
Idioma: Galego
Formato: ebook (kindle)
Precio: 3,59 €

boton_amazon_kindle

 

Microvidas xorde da necesidade de amosar o actual clima social. Busca atopar nas pequenas escenas de persoas anónimas, case invisible para o sistema, o piar sobre o que se sostén a sociedade. O humor ácido séntese en cada palabra, en cada silencio. Pretende entreter e divertir, ao mesmo tempo que obriga ao lector a formularse de que se está a rir.

Todo iso provoca, inevitablemente, unha sensación estraña. Escenas sen conexión aparente buscan un espectador activo que encontre o pracer de descubrir que todo está interconectado.

Cun texto fresco e actual pretende conseguir o sorriso permanente máis que a gargallada. Mostra escenas cotiás onde os personaxes reaccionan de forma natural ás súas situacións dispares, creando o paradoxo mental do inevitable fronte ao que se quere evitar. Catro personaxes entrelazados que se ispen ante a pequenez da vida diaria en comparación co macrocosmos da súa propia vida individual.

Microvidas mostra que toda decisión tomada, por moi nimia que sexa, afecta a outras persoas e de aí á creación de situacións novas que afectan á vida de todos os que nos rodean.

Unha obra escrita coa humildade de mostrar o que todos poden ver e non fan porque a velocidade do mundo non os deixa.

Compartir: